pict0041ConBici agrupa a 32 agrupacións de ciclousuarios de España e Portugal que practican, promoven e defenden a bicicleta como modo de transporte. A súa vez, pertence á European Cyclists Federation.

Mantendo a súa filosofía de colaboración e traballo en rede, a asociación vén de se sumar ao esforzo colectivo de ConBici. Durante a súa asemblea anual celebrada esta pasada fin de semana en Vigo, Verdegaia foi admitida como membro de pleno dereito.

Dende o comezo da nosa actividade asociativa, a bicicleta foi unha presenza constante no noso traballo. Entre outras actividades, desenvolvemos roteiros turísticos en bicicleta pola comarca da Limia e pola Costa da Morte, promovemos o Programa de Préstamo de Bicis na USC e participamos activamente nas masas críticas de Santiago e A Coruña.