Únete a nós este luns 5 ás 9:30 da mañá.- As asociacións Greenpeace e Amigos da Terra (que forman parte de Coalición Clima) e máis Verdegaia convidan a toda a cidadanía a un acto de rúa que terá como obxectivos, por unha banda, visibilizar o importante acontecemento de contar co IPCC (Intergovernmental Panel on Climate Change ou Painel Intergovernamental sobre Mudanzas Climáticas) en Vigo e, por outra, demandar aos gobernos maior compromiso nas súas accións tendo en conta o que a ciencia advirte sobre esta importante problemática global que nos afecta. Por esa razón estaremos este luns 5 de novembro a iso das 9:30 da mañá diante do Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz, 24) para facer a nosa particular homenaxe aos científicos, mais sen esquencer tamén aos políticos. Agardámoste!
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
18 horas fai
18 horas fai
This content isn't available right now
When this happens, it's usually because the owner only shared it with a small group of people, changed who can see it or it's been deleted.