Sentimos dor e raiba ao enteirarnos, o luns á noite, da detención d@s nos@s compañeiros e amig@s Xulio Saiáns e Silvia Casal, xunto co seu meniño de oito meses, baixo graves acusacións e por serlles aplicada a lexislación de excepción da lei antiterrorista.
Alegramonos, o mércores á mañá de que Silvia e o seu meniño foron postos en liberdade.
Desde a rede de colectivos GNSV queremos destacar que:
Júlio e Silvia son persoas boas e xenerosas, comprometidas activamente coa defensa ambiental, social e cultural da nosa terra, respetuosas e dialogantes con todas as diferencias de criterio entre os distintos colectivos da nosa rede e cunha traxectoria incuestionábel durante todos os anos que levan luitando polo noso pobo. Sempre foron exemplo de compromiso, tolerancia, xenerosidade e amor pola nosa terra.
Vai todo o noso apoio, o noso cariño e a nosa solidariedade para Julio Saians, ainda preso e incomunicado, Silvia Casal e o meniño de amb@s.
Sentimos vergoña, indefensión e fustración ao ver como o ministerio de interior e a prática totalidade dos medios de difusión subvencionados, se saltan a presunción de inocencia, e criminalizan ás persoas detidas, chegando a ilustrar a nova con fotografías de artefactos inexistentes, cando o propio Ministério, detalla que se requisaron únicamente “axendas, material informático e numerosa documentación”. Mentras Silvia é posta en liberdade sen cargos unhas horas mais tarde, despois de sofrir durante varias horas a separación forzosa do seu meniño de 8 meses en idade de lactancia.
En canto a Xulio, ainda preso e incomunicado:
-
Esiximos que se respeten os seus dereitos fundamentais e a súa posta en liberdade inmediata.
-
Preocupanos o trato de que poida ser obxecto derivado do “réxime especial” que se lles está aplicando de detención incomunicada a mans da policia ata durante 5 días (sen acceso de avogad@s, familiares, etc.) rexime que foi denunciado desde instancias internacionais para a súa eliminación. Lembremos que o Tribunal de Dereitos Humanos europeu condenou tres veces nos últimos anos ao estado español pola prática de torturas ás persoas detidas.
-
Preocúpanos o perigo de que poida ingresar en prisión, sen xuízo, por un período que pode durar ata catro anos.
-
Preocupanos a posibilidade de que, sexa dispersado ilegalmente a unha prisión a centos de Kilómetros da Galiza.
-
Denunciamos a criminalización das persoas polo seu compromiso, a sua ideoloxia ou a sua pertenza a colectivos sociais.
Pensamos que a lei debería actuar contra os banqueiros e os políticos que os amparan, que son quen inducen á miseria e a morte prematura a milleiros de mulleres, homes, nenas e nenos nun sistema capitalista destrutor do medio ambiente, xenerador de desigualdades sociais e de miseria humana a nivel intelectual, cultural e alimentario. E non ensañarse coa gente comprometida co pobo.
Animamos a participar en todas as mobilizacións que se fagan na súa solidariedade e pola posta en lberdade do compañeiro Xulio.
XÚLIO SAIÁNS LIBERDADE!
DEFENDER A TERRA NON É DELITO
Mércores 31 de Outubro
Galiza Non Se Vende