Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas. O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal).
Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente
Domingo 5 de maio: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)#BrigadasDeseucaliptizadorasO domingo 5 de maio a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a erradicar os pés de Helichrysum petiolare que ameazan invadir unha zona repoboada e outra de pasto dos cabalos. O helicrysum petiolare é unha especie orixinaria de Sudáfrica, trátase dun arbusto ramoso e gabeador que afoga toxeiras e mesmo especies arbóreas formando masas monoespecíficas e que na boca da ría de Ferrol hai anos que constitúe un problema ambiental de primeira magnitude ante a pasividade das administracións.Tamé podes colaborar coas brigadas con 1€/mes a través da Plataforma Teamingwww.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoraswww.verdegaia.org/wp/domingo-5-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-nos-montes-do-cha-ferrol/... Ver máisVer menos
Despois dun ano onde non parou a loita... comeza a conta atrás para o Encontro Burla Verde. Un momento de partilla e convivio, de festa e reivindicación, contra o espolio e pola defensa da terra. Este ano o encontro trasládase á serra do Courel, onde desde fai un tempo a súa xente está a cocer unha xornada ben linda e solidaria, de descobrimento, debate, artística, colaborativa, musical e guerrilleira. Pouco a pouco irase anunciando o cartaz. Axendade o 15 de xuño! ... Ver máisVer menos