O xoves día 13 ás 20:00h no antigo Reitorado de Vigo falaremos da problemática do saneamento, das infraestructuras portuarias, da problemática da contaminación e de como todo isto afecta á Ría de Vigo, un dos ecosistemas mariños máis ricos do mundo.
A maior parte das empresas existentes en Vigo, verten ilegalmente á rede de saneamento e, desde esta, ao mar. De forma masiva e incontrolada, vértense á Ría as augas residuais de toda a industria viguesa, directa, ilegal e, na maior parte dos casos, sen caracterización da vertedura nin tratamento previo contrastado. A todo isto temos que sumar Unha depuración ineficiente e inexistente que está pondo en perigo un dos nosos sectores produtivos primarios máis importantes.. A Ría, o noso principal recurso natural.
Estamos, pois, diante dun grave problema sanitario e ambiental pero tamén dun grande problema humano porque están en xogo miles de postos de traballo e o desmantelamento dun dos nosos sectores produtivos primarios máis importantes. A Ría ten case 600 bateas de mexillón,cultivos de ameixa…., pesca de baixura. Os bancos de ostras desapareceron, a sardiña xa non entra ou entra pouco, os berberechos hai que cultivalos. Non hai un verdadeiro estudo de cara ao público sobre a contaminación, sobre o contido de metais pesados tais como chumbo, cadmio e mercurio nos nosos moluscos, as nosas sardiñas, etc. e non hai datos públicos sobre os efectos que poidan ter na flora e fauna .
A solución da administración e a de construir unha macrodepuradora cima da actual. A nova depuradora que se pretende construír pasa por derrubar a actual, construída tan só fai 12 anos, feita na súa maioría con fondos comunitarios. A construción da nova EDAR non vai solucionar os problemas da anterior. Todo o contrario, pode agravalos, xa que O anteproxecto está presentado con graves deficiencias e erros que ameaza cun grave desastre ambiental. o dano para o medio será maior e irreversible.
Acabar cos desastres provocados polas depuradoras é unha das grandes loitas dos colectivos ecoloxistas , sociais e veciñais galegos. Por iso desde a RNSV (rede de colectivos da que forma parte Verdegaia) queremos convidaros a tod@s a estes debates sobre SANEAMENTO NA RÍA DE VIGO.