A zona da Xunqueira do Lagares conta con 5 hábitats de interés comunitario. No propio anteproxecto cítase a importancia destes cinco hábitats en diferentes parágrafos. Nun deles coméntase o seguinte: "Á marxe da flora catalogada, as especies e poboacións de maior interese son aquelas asociadas ás marismas, bosques pantanosos e ambientes doce-acuícolas pola súa relativa escaseza nel contexto xeográfico". Noutro se incide sobre o mesmo argumento: "Os cinco Hábitats de Interese Comunitario localizados na área de estudo son hábitats escasos no contexto xeográfico rexional, por estar vinculados a ambientes de extensión reducida como son os marismeños, lagunares e pantanosos. Aínda que de todos eles existen mellores representacións na contorna da ría de Vigo, o seu interese é elevado pola súa relativa escaseza". Estes hábitats sofrerán un grande impacto:
* Terá un impacto severo coa consecuencia da extinción local do Hábitat de Interese Comunitario e considerado Prioritario denominado Bosques aluviaisAlnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
En concreto, o bosque aluvial ou amial dá Carrasqueira desaparecerá por completo baixo as obras proxectadas a pesar de posuír a catalogación citada no parágrafo anterior e a pesar de que esta formación vexetal ten unhas características únicas no Concello de Vigo.
O propio anteproxecto di nun dos seus apartados "El anteproxecto da E.D.A.R. afectará maioritariamente a a unidade de vexetación dos bosques pantanosos
" asumindo así os graves danos que se infrinxirán a este valioso hábitat, aínda que tamén cita a súa gran importancia ecolóxica: "Os bosques pantanosos terían maior relevancia pola súa rareza e a súa consideración de Hábitat de Interese Prioritario, e probablemente erixiríanse nas formacións vexetais de maior interese nel área de estudo".
* A ampliación e modernización da E.D.A.R. do Lagares afectará ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas e afectará ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Pasteiros de Spartina (Spartinion) e ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Matogueiras halófitos mediterráneas e termoatlánticas e, tamén ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
* Afectará a unha comunidade de aves conformada por máis de 100 especies diferentes entre estivais , invernantes e sedentarias; tamén se verán afectadas once especies de aves presentes na zona afectada e que figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE, do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres.
Consideramos alarmante e grave que, tanto a Consellería de Medio Ambiente , como a Consellería de Política territorial e o propio concello de Vigo, a pesar da lexislación vixente, consideren o emprazamento actual da EDAR do río Lagares como localización ideal e definitiva da nova depuradora (macrodepuradora) que ten de solucionar o problema de saneamento integral da Ría. O saber que isto significa a destrución total da marisma e por suposto, a comisión con pleno coñecemento de causa de infraccións graves contra a Lei de Costas e contra o Regulamento de Actividades Clasificadas, así como os delitos tipificados no Código Penal contra a ordenación do territorio.
ANÍMATE A PARTICIPAR CON NÓS NO ROTEIRO O SÁBADO DÍA 29 DE MAIO
Saída ás 11:00h desde a última ponte do Lagares (fronte ao polideportivo de Samil)