conflictos_urbanos.jpgO GAS (Grupo de Axitación Social) e Verdegaia organizan a palestra "Conflitos no transporte urbano. O caso de Barcelona (2008-2010)". Será 26 de Xaneiro ás 20:30 horas no salón da Escola Popular Galega.

Durante os dous últimos anos, os conductores e conductoras de TMB (Transports Metropolitans de Barcelona) estiveron inmersos/as nun conflicto pola consecución de melloras laborais, sendo a reivindicación máis destacada os 2 dias de descanso semanais.

Este conflicto tivo unha serie de características que o converten nunha experiencia que merece a pena coñecer. En primeiro lugar, porque se recuperou a assemblea de traballadores/as coma único espacio de decisión. Creouse un comité (“comité de descansos”) encargado de levar as decisións da assemblea á mesa de negociación, superando as siglas sindicais de aqueles que se sumaron (os sindicatos amarelos, e as cúpulas de aqueles controlados por liberados, quedaron á marxe). Recuperouse non só a decisión, senón tamén a acción directa. E buscáronse alianzas con outras/os traballadoras/es, e cos colectivos e organizacións sociais da cidade.

A presenza estes días en Vigo de algúns deses traballadores implicados de xeito directo nas mobilizacións, permitirannos coñecer de primeira man ese proceso, e debater sobre os seus diferentes aspectos, non tanto dendo punto de vista da ecoloxia peo si dende o punto de vista social, o que consideramos importante de cara a unha transformación social.

  • Mobilizacións contra o incremento de tarifas.
  • Conflictos e conquistas laborais.
  • Condutores/as, usuarios/as e movementos sociais: unha alianza efectiva.

Ademáis, poderán informarnos da actualidade das mobilización contra a nova suba no transporte urbano que se están comezando a organizar en Barcelona.