Falamos de cambialo todo para que todo siga igual ou falamos de cambialo todo para realmente cambialo todo? Falamos de educar para aprender a separar residuos ou falamos de educar para aprender a cambiar o mundo? Falamos de participar votando cada dous anos ou falamos de participar sempre que queiramos? Desenvolvemento Sostible, Educación Ambiental, Democracia… palabras que dependendo dos beizos que sirvan de acollida teñen un ou outro significado. Son palabras prostituídas ou palabras roubadas? Verdegaia – Compostela convídate, unha vez máis, a participar connosco desta tertulia na que, entre outras cousas, tentaremos dar resposta a todos estes interrogantes. Vémonos o mércores 17 ás 20:30 no Paraíso Perdido (San Paio de Antealtares, 3. Santiago de Compostela)
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
6 horas fai
28 de abril en Pontevedra: o pobo galego unido contra a depredación enerxética Contra vento e maré Verdegaia apoia a MANIFESTACIÓN O pobo galego unido contra a depredación enerxética.As Cidades e o Rural xuntas contra o Capital… estamos de novo na rúa… O domingo 28 de abril de 2024 ás 12.30h. na praza da Peregrina de Pontevedrawww.verdegaia.org/wp/28-de-abril-en-pontevedra-o-pobo-galego-unido-contra-a-depredacion-enerxetica/
... Ver máisVer menos
4 días fai
𝗠𝗢𝗜 𝗠𝗢𝗜 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗠𝗘𝗡𝗗𝗔𝗕𝗟𝗘 - 𝗡𝗢𝗡 𝗢 𝗣𝗘𝗥𝗗𝗔𝗦 Proxecto Ríos ... tremendamente interesante para todos pero sobre todo para a cativada 😀 Flora, fauna e auga ao alcance de todos
... Ver máisVer menos