Falamos de cambialo todo para que todo siga igual ou falamos de cambialo todo para realmente cambialo todo? Falamos de educar para aprender a separar residuos ou falamos de educar para aprender a cambiar o mundo? Falamos de participar votando cada dous anos ou falamos de participar sempre que queiramos? Desenvolvemento Sostible, Educación Ambiental, Democracia… palabras que dependendo dos beizos que sirvan de acollida teñen un ou outro significado. Son palabras prostituídas ou palabras roubadas? Verdegaia – Compostela convídate, unha vez máis, a participar connosco desta tertulia na que, entre outras cousas, tentaremos dar resposta a todos estes interrogantes. Vémonos o mércores 17 ás 20:30 no Paraíso Perdido (San Paio de Antealtares, 3. Santiago de Compostela)
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
5 días fai
A vivenda cústanos a vida, manifestación o 5 de xuño en Vigo
Verdegaia apoia a Alianza pola Vivenda Vigo, que o próximo venres 5 de xuño organiza unha Manifestación na Praza dos Cabalos ás 20h.
www.verdegaia.org/wp/a-vivenda-custanos-a-vida-manifestacion-o-5-de-xuno-en-vigo/
... Ver máisVer menos
6 días fai
As persoas usuarias da bicicleta estamos máis desprotexidas que nunca
Composcleta Arousa en Bici Vigo Ciclábel
Mobi-Liza, Pedaladas solicitan reunirse coas Subselegacións do Goberno para frear a violencia nas rúas e estradas
www.verdegaia.org/wp/as-persoas-usuarias-da-bicicleta-estamos-mais-desprotexidas-que-nunca/
... Ver máisVer menos

















