O pasado fin de semana (13 e 14 de marzo) a asociación ecopacifista galega Verdegaia celebrou en Pontevedra a súa IV Asemblea Xeral. Tras analisar o traballo desenvolvido no último ano, avanzouse na elaboración do novo Plano Estratéxico debatendo sobre a relación de Verdegaia coa FEG, Ecologistas en Acción e Amarante. Unha vez fechados estes debates abordouse a planificación de traballo para o vindeiro período interasemblear e elexiuse nova Comisión Permanente e responsábeis de Áreas de Traballo para os videiros dous anos.
A nova Comisión Coordenadora Xeral, que será completada cun(ha) representante por cada Núcleo Comarcal, ficou como segue:
Comisión Permanente | Áreas de Traballo | |
Xan Duro | Coordenador Xeral | |
Begoña Carrera | Vicecoordenadora Xeral | |
Diego R. Vieites | Secretario Xeral | Biodiversidade e Territorio |
Miguel Pardellas | Vicesecretario Xeral | Educación Ambiental |
María Ogando | Tesoureira | |
Roi Seoage | Consumo e Residuos | |
Xosé Veiras | Enerxía e Transporte | |
Xosé Maria Garcia | Paz e Globalización |