O sábado 28 e domingo 29 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña e Leiro (Rianxo) para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio, visibilizar boas prácticas das comunidades de montes e inspirar a outros axentes a traballar en rede cara a unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios.

A Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, dando continuidade á colaboración entre ambas entidades desde 2021, impulsan esta fin de semana repleta de actividades abertas á participación da cidadanía.

As xornadas contarán coa colaboración da CMVMC de Baroña, la Fundación MontescolaVerdegaia, as Brigadas Deseucaliptizadoras, o CEP Brea Segade, o IES Félix MurielO Baixo Ulla; para exemplificar a importancia da xestión activa e a custodia do territorio como garante de sustentabilidade social, económica e ambiental.

Programa completo de actividades!

As Brigadas Deseucaliptizadoras participarán nunha roga o domingo 29 de outubro: Rexeneración de áreas degradadas por presencia de acacia y eucalipto, a cargo da CMVMC de Leiro, a Fundación Montescola, Verdegaia e as Brigadas Deseucaliptizadoras. Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro. É necesaro inscribirse para a Brigada en info@barbanzaecosocial.org indicando o seu nome e apelidos, data de nacimiento, teléfono, email, concello de residencia, se desexa asistir ao xantar comunitario e, nese caso, alerxias ou intolerancias alimentarias.

Lembra inscribirte nas actividades!

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás persoas voluntarias que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.