A día de hoxe seguen os bombardeos sobre Gaza, segue a matanza indiscriminada sobre os barrios dos campos de refuxiadas, segue a morte de crianzas e bebés, segue o corte de electricidade, auga e alimento. Segue o bombardeo con fósforo branco (arma química ilegal segundo a Convención de Armas Químicas de 1997). Querendo causar terror na poboación palestiniana, e non só en Gaza senón en Cisxordania, onde os asasinatos de palestinas estanse a incrementar. Estamos a vivir un Holocausto Sionista sobre o pobo da Palestina.

Verdegaia apoia as mobilizacións que o luns 16 se realizarán ás 20h. en varias cidades e vilas do país chamando á solidariedade co pobo palestiniano. Creemos que se facemos presión mediática e política poderemos reverter a situación, e non só que se cumpran os acordos e resolucións da ONU senón que se lle poida dar un futuro ao pobo palestiniano.

Sabemos que é duro ler certas novas, mais é importante ir coñecendo o que esta a acontecer na Palestina. A esta horas xa son máis de 1400 as persoas asasinadas nos bombardeos de Gaza, 500 delas crianzas. Os bombardeos castigan os campos de refuxiadas, e como comentamos máis arriba con emprego de bombas de fósforo branco. Estes bombardeos foron dirixidos tamén contra xornalistas palestinianos e contra servizos médicos.

Outra masacre que está vivindo Palestina e Cisxordania, onde tanto os colonos armados como as forzas de ocupación israelíes estan asasinando civís. E mentres a maquinaria sionista trata de estender bulos como o dos bebés decapitados, como que meteron a crianzas en xaulas, de feito isto é o que fan o israelíes cada vez que secuestran a nenos e nenas en Cisxordania.

Desde a Palestina non se teñen medios para sobreporse a unha situación de guerra como a actual. O que xa é o maior campo de concentración do mundo con máis de 2 millóns de persoas hacinadas, sen alimentos, agua e electricidade, producido por un bloqueo de anos e agora coa orde do goberno de Israel de chamar ao abandono do norte de Gaza para se refuxiar no sur. A propia ONU recoñece que é imposible de realizar e inaceptábel desde o punto de vista do dereito internacional.

É necesario mandar axuda humanitaria a Gaza e Cisxordania é necesario aplicar o dereito internacional en Palestina, incluído o dereito ao retorno, é necesario dar todos os poderes políticos ao pobo Palestiniano, é necesario unha verdadeira investigación dos crimes de guerra cometidos por Israel, é necesario que a comunidade internacional deixe de mirar para outro lado cando Israel comete atrocidades, é necesario a liberación das e dos presos politicos palestinianos, é necesario un futuro para todas as crianzas Palestinianas.

Por todo isto o 16 solidarizámonos coa Palestina!