No sábado 28, Froxán (Lousame), será escenario do Primeiro “Bioblitz” que organiza a Fundación Montescola co apoio da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a colaboración da Deputación da Coruña. Un bioblitz é unha festa de biodiversidade na que as participantes deben localizar e identificar tantas especies como sexa posíbel nun espazo determinado, neste caso a Área Conservada de Froxán, coa colaboración das Brigadas Deseucaliptizadoras.

Comezaremos ás 11:00 e acabaremos ás 18:00 logo dunha pausa para comer. Para esta xornada non será necesario inscripción, pois desde a organización ofreceremos viño, auga e café en lugar cuberto ás participantes, mais cada quen deberá traer a súa comida. O punto de encontro (e lugar da comida) é este: https://maps.app.goo.gl/bfgGnsiZgy8MYsQp7  É imprescindible ter instalada a aplicación iNaturalist, pois todas as observacións compatiranse na web do proxecto. Contaremos con varias biólogas/os da AGCT que explicarán o funcionamento da aplicación e resolverán dúbidas ao longo da xornada.

Vémonos no monte!

Moeda social “A Sabia” para as persoas voluntarias participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás persoas voluntarias que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.