O vindeiro domingo 21 de Xuño (seguindo a súa periodicidade bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:00 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas para troco ou cesión. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas outras o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Aquelas persoas que non vaian a estar permanentemente no mercadiño poderán deixar un teléfono de contacto ou hora para que as poidan atopar. Ao remate do mercadiño cada participante deberá recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos, responsabilizándose dos mesmos.

 

Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas. Tamén podes acceder ao mercadiño permante en 

http://www.trocaferrol.org/