galicia spirit 1

Os días 22, 26 e 28 de Marzo, oito  mariscadores van ser xulgados polos feitos acaecidos en Maio de 2007, cando a mobilización organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, acadou a paralización da entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na nosa Ría. Verdegaia súmase ao chamado á cidadanía a expresar a súa solidaridad co colectivo dos mariscadores, na defensa do emprego, na defensa da Ría e da súa recuperación, acompañando os mariscadores o día 22 de Marzo ás 10 horas diante dos Xulgados de Ferrol.

 

Todas e todos sabemos, directamente os que participamos, ou través dos medios de comunicación os que non, que nesas manifestacións en contra da entrada ilegal dos primeiros gaseiros, estiveron presentes centos de persoas. Agora queren concentrar toda a responsabilidade en tan só 8 persoas. A estratexia da Fiscalía, rebaixando o número de imputados primeiro a 60, logo de desestimar a autoinculpación dos membros do CCE e despois a 8, pretende diluír a causa real do conflicto: a planta de gas de Reganosa. Preténdese convertar nun simple acto vandálico, a defensa da vida de todos os habitantes da Ría e a defensa do medio de vida de centos de persoas. Isto semella ter, a ollos da Fiscalía, un escaso valor fronte aos intereses económicos duns poucos: o Grupo Tojeiro e resto de socios de Reganosa. A Fiscalía, lonxe de buscar a legalidade e a xustiza, quere que o xuízo pase desaparecibido, só persegue escarmentar ao colectivo dos mariscadores, pois constitúen un obstáculo que se interpón co interese de Reganosa, que non é outro que dispor da Ría ao seu antollo, para a súa actividade ilegal.

A defensa da Ría de Ferrol, non só compete aos mariscadores e mariscadoras. O conxunto dos cidadáns e cidadás, témola que defender. É inaceptable a persecución dos mariscadores pois son vítimas dunha situación, cuxos responsables seguen actuando con total impunidade.
 
Máis información en: http://cociudem.wordpress.com/