ecologistas_tv.jpg

Ecologistak Martxan, a federación de Ecologistas en Acción en Euskal Herria, vén de publicar unha interesante curtametraxe de denuncia da Débeda Ecolóxica.

A curtametraxe de Ekologistak Martxan, titulada “La Deuda Ecológica, ¿Quién Debe a Quién?”, pódese ver en Ecologistas TV, proxecto audiovisual dedicado ao ecoloxismo social e promovido pola confederación Ecologistas en Acción.

A Débeda Ecolóxica é contraída ao devorarmos o planeta e o futuro, ten a súa orixe na degradación ambiental e das condicións de vida nos países da periferia para beneficio dos centrais, das minorías globais privilexiadas que practicamos un intercambio desigual e inxusto, extraíndo materias primas, roubando coñecimentos, degradando solos e augas, poluíndo a atmosfera, depositando residuos, atacando a soberanía alimentar das persoas empobrecidas…

No venres 10 de Novembro pola tarde, na Faculdade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago, Xan Duro, coordenador xeral de Verdegaia, e Xosé Veiras, vicecoordenador xeral, falarán sobre a Débeda Ecolóxica dentro do seminario “A agricultura, vía de desenvolvimento global” organizado pola Coordenadora Galega de ONGDs e Amarante. Podes descargar unha presentación de Verdegaia sobre a débeda ecolóxica:

DebedaecoloxicaVerdegaia.pdf