Verdegaia apoiou unha carta de apoio a Javier Ramírez, presidente da comunidade inteña de Junín. A Javier Javier Ramirezdetivérono por estar en contra da actividade mineira en Intav.

A continuación facilitamos a comunicación pública que se fixo despois da detención.

 

 

Ao cárcere por oporse á minería en Ecuador

Nunha carta de solidariedade internacional, máis de 100 organizacións sociais, ecoloxistas e de dereitos humanos piden a liberdade para Javier Ramírez, presidente da comunidade inteña de Junín

A noticia da súa detención, o 10 de abril, en circunstancias e por causas aínda non aclaradas, está dando a volta ao mundo. Na carta, adherida nun tempo récord por organizacións de corte moi plural e desde moitos recunchos do planeta –máis de 15 países ademais do Ecuador- faise alusión a Javier Ramírez de Intag como un “labrego pacífico, honrado, membro desde sempre da comunidade Junín e que non levaría a cabo baixo ningún concepto os actos de rebelión, sabotaxe e terrorismo dos que se lle acusa”. Máis ben todo o contrario, xa que afirman que o Sr. Ramírez chegou a ser xunto coa súa veciñanza, coñecido e apreciado internacionalmente pola férrea defensa que a súa comunidade fixo do bosque, da biodiversidade e da natureza, consolidada sobre bases produtivas ao longo dos anos, o que mereceu o respecto e a admiración recibida desde moitos lugares do planeta.

A carta foi inmediatamente traducida a varios idiomas para facilitar a súa difusión entre todas as organizacións amigas e solidarias coa resistencia á minaría en Intag, unha zona inmensamente biodiversa e produtiva.

Para as organizacións, a detención do seu compañeiro produciuse dun xeito pouco claro, xa que “a orde de detención non era para esta persoa” e máis tarde “cambiaron o escrito rexistrando o seu nome e número de cédula”, segundo informou a prensa local e declaracións das persoas presentes. Ademais, din que Ramírez nin sequera estivera presente no transcurso dos leves incidentes durante a visita duns técnicos da Empresa Nacional Mineira ENAMI, que posteriormente deron lugar aos graves cargos dos que se lle acusa.

Por este motivo e considerando que Ramírez é un preso político e non un “rebelde” nin un “saboteador” ou “terrorista”, a carta diríxese ás máximas autoridades, incluído o Dr. José Serrano, Ministro do Interior, quen invitou o acusado a unha reunión xusto antes da súa detención, feito que a todo o mundo lle resulta moi chamativo.

As organizacións temen que outros membros da comunidade poidan chegar a ser detidos dun xeito similar, isto é, só por estar en contra da actividade mineira en Intag. O motivo da oposición á minería son as destrutivas consecuencias que tería para os bosques húmidos e para as fontes de auga. Ademais, o campesiñado négase a ser desaloxado das súas vivendas. O temor non está inxustificado, xa que no pasado, varias persoas de Intag foron acusadas de delitos que non cometeron e que se orixinaban en actividades relacionadas coa defensa da natureza. Todos foron absoltos. As organizacións nacionais e internacionais só agardan o momento en que Javier Ramírez tamén o sexa.

Podedes acceder á carta e á listaxe de organizacións asinantes aquí