Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades e de investimento no ámbito do medio ambiente
No mes de xullo volvemos ao río Fonteliño (Porriño). Desta feita aprenderemos como actuar sobre dúas especies: a Tintureira (Phitolacca americana) e a Xuncia (Cyperus eragrostis). Como se controla? Como se eliminan? Ven e compartiremos experiencias!Non é necesaria inscrición. ... Ver máisVer menos
12 de xullo: acción “A volta das bestas” en Froxán (Lousame)Apúntante e fai posible a volta das bestas en Froxán!A Brigadas botaron a andar fai agora case 8 anos no monte veciñal de Froxán. Durante este tempo, deseucaliptizamos medio cento de hectáreas, plantamos máis de 20.000 árbores nativas e recuperamos unha turbeira neste monte declarado Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA) polo Programa da ONU para o ambiente.Agora a comunidade de Froxán está a dar un paso decisivo reintroducindo cabalos salvaxes no monte. A sua desaparición nos anos 1980 contribuiu á matorralización da paisaxe, incendios cada vez máis intensos e á degradación dos hábitats de turbeira e queirogal.Montescola está formando unha grea inicial de 10 bestas que sirva como núcleo inicial para a recuperación das poboacións na contorna. Esta semana ceivaeremos as tres primeiras no monte: son Estrelada, Noa e Martiño (as da foto!!).Mais precisamos a vosa axuda para os últimos traballos de acondicionamento do peche de 8,5 hectáreas que vimos de completar, dentro do cal tamén macharemos rebentos de eucaliptos tombados nos últimos meses.A roga deste domingo 12 de xullo comezará ás 10:00 e estará seguida do tradicional xantar de albaroque que celebraremos ao aire libre.Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org ... Ver máisVer menos