O vindeiro sábado día 30 de abril a Área de Biodiversidade e Territorio de Verdegaia organiza o seu segundo obradoiro formativo. Desta volta versará sobre o patrimonio natural galego e sobre lexislación ambiental e será impartido polo responsable da área de traballo da asociación, Diego R. Vieites, e pola responsable de litoral de Verdegaia, Sabela Iglesias Garrido.

O patrimonio natural galego abordarase tratando os diferentes tipos de ecosistemas presentes en Galicia, a rede de espazos naturais galegos e a xestión do patrimonio natural galego e principais ameazas que sofre. A parte de lexislación ambiental tratará diferentes leis, planos e directrices que estiveron a exposición pública recentemente como as Directrices de Ordeación do Territorio, o Plano de Ordeación do Litoral, o Plano Hidrolóxico Galicia-Costa ou a Lei do Solo.

O obradoiro terá lugar no local de Verdegaia en Compostela (rúa Romero Donallo, nº17) a partires das 10:30 h. A asistencia é libre mais con inscripción obligatoria até o venres 29-4-11 ás 22 h. no correo electrónico diegodalimia(a)yahoo.es