O pasado luns 4 de febreiro foron entregadas no Parlamento galego arredor de 21.000 sinaturas desta Iniciativa Lexislativa Popular que solicita que se teñan en conta os tres principios básicos da xestión de residuos domésticos, a Redución, Reutilización e Reciclaxe.sogama

Xurdida a raíz da pretensión da Xunta de instalar unha segunda macroincineradora no concello ourensán de O Irixo, a iniciativa da ILP transcende o debate sobre a ubicación dunha planta destas características para cuestionar todo o modelo de xestión de residuos da Xunta, que a pesares dos principios recollidos no plan de xestión 2010-2020, non supera na práctica a dependencia da incineración como solución básica para o tratamento do lixo.

Dende os colectivos promotores da ILP, entre os que se atopa Verdegaia, pulamos polo abandono da incineración e unha verdadeira aposta pola redución do lixo, que permita acadar ou mesmo superar o 10% fixado polo PXRUG, unha mellor xestión que favoreza a reciclaxe, plantas de tratamento descentralizado, compostaxe e calquera medida que contribúa a diminuír o impacto dos residuos no medio ambiente e ao seu mellor aproveitamento. Non só será máis ecolóxico, será tamén máis económico e pedagóxico.

Podes descargar o texto da ILP aquí.