“Agora toca xogar, ensaiar, modificar, reinventar”Profes en luta

Xesús R. Jares

 

 

Aproveitando a efeméride do Día Escolar pola Paz, Verdegaia quere lembrar:

 

  • Que a construción da Paz nas escolas non pode reducirse a un bonito acto anual, senón que ten que traballarse todo o ano e, primordial, non debe separarse esta da Educación ambiental e social; a Educación é un todo que fragmentado serve pra nada.

 

  • Que as programacións escolares deben ser complementadas con políticas sociais non contraditorias. Sen xustiza social, a Paz é imposíbel e para as crianzas con necesidades básicas sen cubrir todos os contidos escolares son inmediatamente inútiles.

 

  • Que o bo funcionamento da Escola Pública Galega, saboteada por un goberno hostil, está en mans de quen queira defendelo; temos fe nos corpos docentes e demais mebros da sociedade para que, dende a autoxestión, saibamos dar as costas a todo aquilo que contradí os ideais pedagóxicos e as bases mesmas do humanismo. Porque agora, máis ca nunca, os técnicos educativos sobran, e precisamos de mestres e profesores unidos a activistas sociais, persoas con capacidade crítica que se posicionen claramente sobor do modelo de sociedade que queremos construír.

 

Se de verdade somos unha sociedade que ten ás crianzas como prioridade, estaremos dispostos a complicarnos a existencia facendo do antedito a nosa guía diaria, tendo en conta que iso significa abandoar a complacencia urbana que nos vende o capitalismo, abandoar tamén o seu fomento do individualismo para buscar medios de cooperación social que nos fagan máis fortes e, sobor de todo, apostar pola liberación mental que supón a formación educativa fóra dos límites que marca o sistema depredador. Só así acadaremos a Paz individual e social que en verdade precisamos.