o acoso sexual é delitoAnte o debate social aberto coa denuncia contra o presidente da Deputación de Ourense, dende o feminismo traballamos nunha resposta social ao debate aberto en relación á denuncia interposta contra José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, por ofrecer un emprego a cambio de relacións sexuais.

Ante este suceso as mulleres da Marcha Mundial vemos con fonda preocupación que o debate social, lonxe de cuestionar ao denunciante e a violencia machista que supón exercer presión dende unha posición de poder para procurar favores sexuais, coloque o seu foco na muller que denuncia, cuestionándoa e banalizando a gravidade dunha acusación de acoso sexual e por tanto de violencia machista.

Co fin de contribuír a explicar socialmente o que significa o acoso sexual e que é outra forma de violencia machista vimos de pór en marcha unha campaña que levará por lema “O Persoal é Político. O acoso sexual é delito” mediante a cal queremos facer chegar a toda a sociedade este debate desmontando os argumentos falaces de pechalo no ámbito privado, de restarlle importancia e o peor: de criminalizar á muller que denuncia.

Verdegaia súmase ao comunicado que podedes atopar nesta ligazón da páxina web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza