Supercopa raposo 2017Nesta fin de semana, o día 4 de febreiro, vai ter lugar un novo campionato de caza do raposo, que vai provocar o sufrimento e a morte inxustificada destes animais (ou dos que quen participe teña a ben matar). Dende Verdegaia apoiamos tradicionalmente as mobilizacións e protestas contra este tipo de actividades que fan da morte de animais unha diversión cruenta, neste caso baixo a etiqueta do deporte e a vida saudábel (así se promociona o evento!).

Queremos animarte para que sexas ti tamén quen deas o paso de queixarte ante a Xunta, que non só permite, senón que patrocina esta actividade empregando polo tanto o diñeiro de todas para este fin.

Podes dirixirte á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería do Medio Ambiente ou á Secretaría Xeral para o Deporte, en tanto reguladoras e patrocinadoras da actividade. Para preparar (formulario) ou presentar vía dixital a túa queixa preme nesta ligazón para elaborar e presentar unha queixa

Os enderezos das respectivas administracións son:

Secretaría Xeral para o Deporte
Secretaria Xeral: Marta Míguez Telle
Enderezo: Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas) – 2ª andar ; 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 996 342 / 43 Fax: 881 996 346
E-mail: secretaria.deporte@xunta.es

Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Directora xeral: Ana María López Díaz
San Lázaro s/n ; 15781 Santiago de Compostela
Tel.: 981 547 201 / 2 – Fax: 981 957 106
Correo-e: dxcn@xunta.es