coal-barcalast.jpgA Coalición Clima demanda que todos os partidos políticos inclúan como prioridade nos seus programas para as vindeiras eleccións xerais a aprobación dunha Lei de Cambio Climático. A falta de compromiso político e a presión de poderosos sectores económicos están a atrasar a resposta a unha urxente ameaza no século XXI. Cómpre un impulso lexislativo que dea un sinal claro sobre o camiño a seguir. A primeira obriga de calquera goberno é protexer a seguridade e o benestar da súa cidadanía, incluídas as xeracións futuras. Esíxeo agora! .