A segunda actuación das Brigadas no monte comunal de Padróns (Ponteareas) está convocada para o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, coa plantación dunhas 1500 árbores autóctonas. A intervención manual nesta roga terá como obxectivo a repoboación dunha zona afectada pola vaga de lumes de outubro de 2017 con especies autóctonas como bidueiras, corticeiras ou pradairos.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, é preciso enviar un correo electrónico a olmoamoedo@hotmail.com ata COMO MOI TARDE o día 8 de XANEIRO. Lembrade que as prazas son limitadas.

O punto de encontro é A ANTENA DE TELÉFONO  situada no barrio da Portela, parroquia de San Salvador de Padróns (Ponteareas), e desde aí iremos a pé (5 minutos) ata a zona de intervención (250 m por riba da antena), xunto coas persoas convocadas na propia vila para sumarse á plantación. Quedamos nese punto ás 9 da maña. A ligazón no Google Maps é: https://goo.gl/maps/bCivyXPGAm2k8bn78

Traede, se tedes á man, ferramenta como legóns, laias, ou mesmo un ferro do monte, xa que as árbores veñen en cepellón. Non deixedes de vir , se non tedes ferramenta, que aquí haberá abondo para tod@s!

O albaroque dos brigadistas está supeditado á actual pandemia, con almorzo a media mañá presentado en racións individuais. Por suposto, tomaremos as medidas de seguridade dictadas perante a situación actual de alarma.

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

En caso de dúbida pódese consultar:
– A noticia en Verdegaia: https://www.verdegaia.org/wp/verdegaia-colabora-coa-moeda-social-galega-a-sabia/
– A web da Sabia: https://asabiagalega.wordpress.com/
– Consultar en: compostela@verdegaia.org