O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico acaba de iniciar os trámites (período de consultas sectoriais) para levar a cabo a Avaliación Ambiental Estratéxica do proxecto de ampliación da Terminal de Bouzas.

Desde Verdegaia consideramos irregular que se pretenda tramitar a avaliación ambiental dun proxecto no ámbito da zona de servizo do Porto de Vigo, neste caso a ampliación da terminal de Bouzas, carecendo do documento fundamental que é o que define dita zona de servizo. O Porto de Vigo carece de DEUPPV (Delimitación dos Espazos e dos Usos Portuarios do Porto de Vigo).

Esta ampliación que pretenden facer non está xustificada no documento de inicio. O documento xustifica a necesidade de ampliación baseándose en momentos puntuais. Din que nun momento determinado concorreron 5 buques tendo que quedar un á espera. Este é un problema máis de loxística que de espazo, xa que o documento non analisa a situación porturaria nen indica o número de prazas para estacionar vehículos, non indica tempos de carga/descarga para buques de diferentes esloras, non aporta estatísticas de cargas/descargas… en resumo, non xustifica a necesidade do propio proxecto. O número de vehículos anuais movidos no Porto non ten aumentado significativamente nos últimos anos. Nos anos 2007, 2008 e 2013 movéronse máis carros que en calquer outro ano e fíxose sen necesidade de ampliación algunha.

Dede Verdegaia vemos innecesaria a ampliación proxectada, e pedimos que se interrumpa a tramitación da Evaluación Ambiental da que se fala, tanto en canto non se aprobe a preceptiva e imprescindible DEUPPV, que é o documento necesario que indica que cousas e como se poden facer na zona portuaria.