O día 28 de novembro saíu a información pública a solicitude de ampliación da explotación cinexética comercial da empresa Tecsagés S.L. chamada “Serra de San Mamed” no Concello de Montederramo, onde colle o Bidueiral de Montederramo (LIC proposto para a Rede Natura 2000 cando comezou a historia desta explotación cinexética e actualmente tamén Zona de Especial Protección dos Valores Naturais). Verdegaia presentou alegacións hoxe mesmo á ampliación desta explotación cinexética, mais a historia é moi longa…
Para que todo o mundo poida saber de que falamos (quen chegue recentemente a este tema) a continuación podedes descargar un cronograma (porque van anos) da historia e as alegacións que se presentaron, por suposto, en contra da ampliación da explotación cinexética e un plano da ampliación proposta.
cronograma_da_expl._cinext._bidueiral_de_montederramo_para_a_web
2008-12-22_alegacins_ampliacin_explotacin_cinextica_comarcial_serra_san_mamed
ampliacin_da_explotacin_cinextica_serra_san_mamed_para_a_web