Screen shot 2011-07-03 at 00.26.59Benquerida xente socia,

Pola presente queremos convocarvos ao encontro de áreas de traballo que celebraremos o vindeiro día 29 de novembro en Compostela, no local do CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela).

Este encontro ten carácter anual e é, xunto coa asemblea xeral, unha das poucas ocasións que temos para xuntármonos e avaliar a marcha da asociación, así como planificar as nosas actividades a nivel xeral. De feito, non podemos esconder que a nosa situación actual é moi delicada, pola baixa de persoas socias e especialmente de activistas. Precisamos por isto de todas e todos vós para manter este proxecto colectivo, transformalo no preciso e darlle futuro, pois segue a ser tan necesario como o foi no día do seu nacemento.

Esta será a orde do día.

10:30h – 12h memoria de actividades das áreas e revisión das liñas de traballo.

12h – 14h receso (Marchas da dignidade).

14h – 16h Xantar colectivo no CIAC.

16h – 17h memoria de actividades das áreas e revisión das liñas de traballo.

17h – 17:45h ideas para o programa Vai de roteiros e os premios semente-cemento.

17:45h – 18h descanso.

18h – 19:30h análise da organización do noso colectivo e proposta de traballo sobre a mesma.

19:30h – 20h Avaliación e peche.

O resto da información podedes lela neste documento.

O único requisito para o encontro é que vos anotedes neste documento de titanpad: https://titanpad.com/twFcZSoE2a , para calcular cantas persoas seremos e facilitar os desprazamentos.