Autor: Verdegaia

Marzo brigadista: domingo 5 en Vilacova (Lousame)

En maio de 2021 as Brigadas iniciaron traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira onde se machacaron rebrotes de eucaliptos nunha parcela do monte veciñal. O 5 de marzo voltamos á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova (Lousame) eliminando rebrotes para rematar de secar os eucaliptos que quedaron na zona

Read More

Brigadas Deseucaliptizadoras

Únete!

Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente

Síguenos nas redes sociais

Educación Ambiental

Traballamos en rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas Facebook

10 horas fai

verdegaia
Domingo 5 de maio: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)#BrigadasDeseucaliptizadorasO domingo 5 de maio a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a erradicar os pés de Helichrysum petiolare que ameazan invadir unha zona repoboada e outra de pasto dos cabalos. O helicrysum petiolare é unha especie orixinaria de Sudáfrica, trátase dun arbusto ramoso e gabeador que afoga toxeiras e mesmo especies arbóreas formando masas monoespecíficas e que na boca da ría de Ferrol hai anos que constitúe un problema ambiental de primeira magnitude ante a pasividade das administracións.Tamé podes colaborar coas brigadas con 1€/mes a través da Plataforma Teaming www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoraswww.verdegaia.org/wp/domingo-5-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-nos-montes-do-cha-ferrol/ ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

17 horas fai

verdegaia
Despois dun ano onde non parou a loita... comeza a conta atrás para o Encontro Burla Verde. Un momento de partilla e convivio, de festa e reivindicación, contra o espolio e pola defensa da terra. Este ano o encontro trasládase á serra do Courel, onde desde fai un tempo a súa xente está a cocer unha xornada ben linda e solidaria, de descobrimento, debate, artística, colaborativa, musical e guerrilleira. Pouco a pouco irase anunciando o cartaz. Axendade o 15 de xuño! ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

Entradas Twitter