Verdegaia organiza esta palestra que traerá a Alfóns Pérez López a Compostela para acompañarnos cun faladoiro sobre o extractivismo ao que vos convidamos a participar.

O extractivismo verde refírese á capacidade extractiva necesaria para satisfacer a demanda de minerais xerada pola transición verde de base tecnolóxica e, á súa vez, a como o conxunto socioeconómico de un territorio se pon ao servizo desta actividade. Na actualidade, o orde de magnitude da demanda de minerais para, principalmente, as enerxías renovables e os vehículos eléctricos, non teñen precedente na historia da humanidade e os impactos negativos da minería a grande escala pódense multiplicar.
Ademais, existe unha pugna polo negocio verde onde non se trata só de conseguir os ingredientes das tecnoloxías verdes, tamén se trata de ter a capacidade industrial de fabricar as tecnoloxías. En América Latina, por exemplo, fálasese de industrialización. En Europa, en cambio, de reindustrialización.

Alfóns Pérez é enxeñeiro e investigador especializado en enerxía e clima do Observatori del Deute en la Globalització (ODG), nos últimos anos ten traballado nos impactos da política enerxética da Unión Europea en terceiros países, a influencia do capitalismo financeiro no mundo da enerxía e as respostas desde entidades e movimentos de loita contra a emerxencia climática. Ten colaborado en varios medios de comunicación como La Marea, CTXT, Público, El Salto Diario ou Sostenible.cat, entre outros, realizando artigos sobre o reparto do tempo de traballo, o Proxecto Castor… É autor do libro Pactes Verds en temps de pandèmies. El futur es disputa ara,

Contamos coa colaboración da Cafetería Lasso que ofece as súas instalacións para o evento.

Terá lugar o venres 17 de marzo ás 20h. na Cafetería Lasso do Auditorio de Galiza en Compostela.