O próximo mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade. O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
3 días fai
Actividade de restauración ambiental no río Couso, 2024En colaboración coa OMIX do Concello do Porriño 4 maio sumámonos á celebración da 4ª Semana sobre especies invasoras, entre 4 e 12 de maio realizará multitude de actividades en toda a Península orientadas á conciención sobre a problemática das especies exóticas invasoras.A actividade continúa o traballo realizado en 2023 de recuperación do río Couso no Porriño.En tres xornadas, 4 maio, 1 e 15 xuño recolleremos lixo e eliminaremos especies invasoras #sei2024 Participa:www.verdegaia.org/wp/actividade-de-restauracion-ambiental-no-rio-couso-2024/
... Ver máisVer menos
3 días fai
28 de abril en Pontevedra: o pobo galego unido contra a depredación enerxética Contra vento e maré Verdegaia apoia a MANIFESTACIÓN O pobo galego unido contra a depredación enerxética.As Cidades e o Rural xuntas contra o Capital… estamos de novo na rúa… O domingo 28 de abril de 2024 ás 12.30h. na praza da Peregrina de Pontevedrawww.verdegaia.org/wp/28-de-abril-en-pontevedra-o-pobo-galego-unido-contra-a-depredacion-enerxetica/
... Ver máisVer menos