O próximo mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade. O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
5 días fai
Xornadas: Temos alternativa, 4-5 de febreiro, Pontevedra - Verdegaia
www.verdegaia.org
Xornadas Temos Alternativa sobre o marco enerxético e o papel da eólica no contexto presente e futuro, que terán lugar os días 4 e 5 de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra organizadas pola C...5 días fai
🌳🌳🌳 #BrigadasDeseucaliptizadoras
O 18-F plantamos en Cedeira (plantará de morto quen non plantou de vivo!)![]()
En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido).![]()
Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio milleiro de árbores autóctonas: carballos, cerdeiras, castiñeiros, bidueiros, nogueiras e avelaneiras.![]()
✅ Lembra que podes colaborar coas Brigadas a través da Plataforma Teaming www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoras![]()
✅ Por colaborar coas Brigadas podes recibir moeda social A Sabia Galega asabiagalega.wordpress.com/![]()
www.verdegaia.org/wp/o-18-f-plantamos-en-cedeira-plantara-de-morto-quen-non-plantou-de-vivo/
... Ver máisVer menos