dscf1114.jpgA rede de colectivos A Ría Non Se Vende organizou este pasado sábado 23 de febreiro unha deliciosa cea como medio para recadar fondos para a asociación S.O.S. Courel. Nela participaron 83 persoas e houbo unha recadación neta duns 600 euros para dita asociación; todo un éxito. 

A consciencia das inxustizas ambientais, económicas e sociais que están acontecendo no Courel, así como os custosos procesos xudiciais nos que están envoltos na asociación S.O.S Courel, foron as causas polas que A Ría Non Se Vende emprendeu este acto.

A velada comezou ca presentación en Vigo e posterior proxección do documental chamado “Unha lousa sobre o Courel” ,da productora Nanche Films,  producido e dirixido por Mabel Rivera e Enrique Banet, os cais apoiaron tamén o acto participando en dita cea. Este documental está xa a venda e os beneficios serán tamén para apoiar esta causa.

É de recibo resaltar e agradecer a colaboración do Centro Social  Faísca, de Mabel Rivera e de Enrique Banet, da Asociación Cultural Caleidoskopio, da asociación S.O.S Courel e a toda a xente que participou neste acto pola súa colaboración e presenza.

dscf1118.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

dscf1121.jpg