calvario.jpgSeguimos. Un mes máis, as asociacións e colectivos que formamos parte de Vigotroca invitámosvos a participar no mercadiño mensual de troco e cesión que celebramos cada último sábado de mes na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, en Vigo. O 26 de setembro tes unha nova cita co sentido común, a ecoloxía e o aforro. Parácheste a pensar en cantas cousas tes en casa que non utilizas? Fai limpeza, escolle aquilo que está en bo estado e vén ao mercadiño. Seguro que o que ti xa non usas, outra persoa necesítao. E ao revés: para que comprar o que podes atopar de balde? Libros, discos, roupa, electrodomésticos, informática…

Recorda, o sábado 26, de 11 a 13 no Calvario, tes unha cita coa ecoloxía e a economía máis solidaria. Porque cada vez que trocas, decides en que mundo queres vivir.

E o resto do mes apúntate ao troco na nosa web de intercambio: http://vigotroca.arkipelagos.net/

Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario