Verdegaia presentou hoxe alegacións a unha granxa de porcos en Tioira (Maceda), por continuar cun sistema gandeiro non sustentable e prexudicial para a vida e para a saúde dos animais que se crían e, polo tanto, as persoas que os consomen, é dicir, os seres humanos.

Como outras veces, Verdegaia presentou estas alegacións desde o punto de vista da saúde dos propios animais, mais tamén porque o sistema de gandería e agricultura intensiva non son sustentables e prexudican a saúde dos animais que se crían e das persoas consumidoras.

Non podemos esquecer, nesta semana centrada na loita antitransxénica, que a maioría dos produtos transxénicos se cultivan para alimentar precisamente estes animais criados en gandería intensiva e para consumo dos países desenvolvidos.

Por suposto, non esquecemos o incremento da contaminación do aire, do chan e da auga que producen este tipo de granxas e o emprego de antibióticos e outros fármacos na dieta habitual dos animais que se crían nelas.

Verdegaia defende un sistema diferente de gandería, que se basea na sustentabilidade real (alimentación natural do gando que se cría, gandería extensiva, emprego do esterco que producen para fertilizar a terra e emprego de restos de comida que non consome o ser humano para eses animais) e, por suposto, o consumo moderado de carne, que no mundo “occidental” é claramente excesivo.

 

alegacins_da_granxa_de_porcos_maceda