Por unha alimentación e unha agricultura libres de transxénicos!manifestacion_estatal_transxenicos.jpg

Sairán buses de Galiza

Os transxénicos son un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados. Ameazan a nosa saúde, teñen efectos ambientais negativos, producen contaminación xenética, agravan os problemas de aceso á alimentación… entre outros perigos.

Moitos países xa os prohibiron, mais o Estado español segue facilitando a súa expansión, poñendo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente en favor dos intereses dunha presa de multinacionais.

Os consumidores e consumidoras e os labregos e labregas temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e de decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sustentábel e seguro.

Na semana do 13 ao 18 de abril, moitas persoas e organizacións realizarán iniciativas e actos reivindicativos contra a política de transxénicos do actual Goberno e sairán á rúa para esixir que se recoñeza o seu dereito a unha alimentación e a unha agricultura libres de transxénicos.

O 18 de abril realizarase en Zaragoza unha grande manifestación estatal á que estamos convocando a esa gran maioría social que rexeita os transxénicos.

Teñen que nos escoitar!

Dende as organizacións convocantes estamos organizando autobuses para facilitar o desprazamento. Cómpre que vos apontedes o antes posíbel.

Ponte en contacto coa Plataforma Galega Antitransxénicos

649 541 773

comunicacion@galizasentrasnxenicos.org

Indica ao te apontar: nome, telefone, enderezo electrónico e vila ou cidade dende onde che sería máis cómodo saír (estamos valorando facer roteiro de recollida polo país; senón fora posíbel, a saída será dende Compostela)

Máis información:

http://noquierotransgenicos.wordpress.com/

http://www.galizasentransxenicos.org/

cartaz_galego_manifa_antitransxenicos.jpg