Este sábado 8 de outubro, a partires das 10:30h, terá lugar en Redondela o III encontro da rede de sementes, á que Verdegaia quere convidar a toda persoa interesada a participar, non só no propio troco, senón ver e coñecer outros proxectos ligados á conservación das variedades antigas e locais cultivadas na Galiza, sumado os postos de diferentes colectivos e as produtoras e artesáns que cultivan dun modo máis respectuoso coa terra. Tamén haberá obradoiros e actividades para nenos e nenas durante toda a xornada.
A feira de produtores, artesáns e colectivos será na Alameda de REDONDELA (se chove, será no Recinto da Feira do Gando de Redondela).
PROGRAMA
10.30h Apertura da xornada, mesas de troco de sementes e feira.
12.00h Charla "Estratexias legais das administracións para o control das sementes labregas", por CARMEN FREIRE.
14.00h Xantar popular
16.00h Mesa de Sabias
17.30h Obradoiro de cervexa
18.30h Obradoiro de extracción de sementes
20.30h Actuación musical:
“Os Tremendos Permacultores do Norte"