arton12878-b7221.jpgEntre o 1 e o 12 de decembro ten lugar en Poznan (Polonia) unha nova Conferencia das Partes da Convención de Nacións Unidas sobre Alteracións Climáticas. A crise económica non pode ser utilizada para debilitar a loita contra o quecemento global, cada vez máis urxente. Participa agora nunha ciberacción para esixir ao Presidente do Goberno que se comprometa a promover en Poznan que os países máis desenvolvidos reduzamos as  emisións de gases de invernadoiro un 30% en 2020, a respecto de 1990.