Co gallo do Día do Ambiente (5 de Xuño) Verdegaia entregará, máis un ano, os seus Premios Semente e Cemento á mellor e pior actuación ambiental. Nas anteriores edicións foron para O Grelo Verde, a Plataforma Viciñal Cruceiro de Meá e o Foro Social de Cangas (na parte positiva) e para a alcaldesa de Cangas, o Consello da Xunta e Brenntag Iberia (na parte negativa).

Cais son as túas candidaturas á mellor e pior actuación abiental do último ano?

Envía as túas propostas a info(a)verdegaia.org até 9 de Maio!