Xa vos anunciabamos hai tempo que había Guías de consumo responsábel á venda na Cova da Terra (http://www.verdegaia.org/content/view/889/1/).

Agora tamén podedes atopalas na tenda Vacaloura, onde tamén venden camisolas con mensaxes moi divertidas e outras cousas interesantes (Campo Castelo, 25) e no centro social Madia Leva, onde podedes ler publicacións interesantes, tomarlle algo, asistir a charlas… (Amor Meilán).