O vindeiro Domingo 15 de Febreiro celébrase en Ferrol un novo mercadillo de troco, o segundo organizado pola recén criada FerrolTroca (Rede de Troco de Ferrol), da que fai parte Verdegaia. O mercadillo é bimensal e celébrase na Praza Vella de 10:00 a 13:30 horas. Trocaranse: Libros, Menaxe de cociña, Artesanía, Audiovisuais, Xogos e xoguetes, Roupa e todas aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
1 día fai
Domingo 5 de maio: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)#BrigadasDeseucaliptizadorasO domingo 5 de maio a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a erradicar os pés de Helichrysum petiolare que ameazan invadir unha zona repoboada e outra de pasto dos cabalos. O helicrysum petiolare é unha especie orixinaria de Sudáfrica, trátase dun arbusto ramoso e gabeador que afoga toxeiras e mesmo especies arbóreas formando masas monoespecíficas e que na boca da ría de Ferrol hai anos que constitúe un problema ambiental de primeira magnitude ante a pasividade das administracións.Tamé podes colaborar coas brigadas con 1€/mes a través da Plataforma Teaming www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoraswww.verdegaia.org/wp/domingo-5-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-nos-montes-do-cha-ferrol/
... Ver máisVer menos
2 días fai
Despois dun ano onde non parou a loita... comeza a conta atrás para o Encontro Burla Verde. Un momento de partilla e convivio, de festa e reivindicación, contra o espolio e pola defensa da terra. Este ano o encontro trasládase á serra do Courel, onde desde fai un tempo a súa xente está a cocer unha xornada ben linda e solidaria, de descobrimento, debate, artística, colaborativa, musical e guerrilleira. Pouco a pouco irase anunciando o cartaz. Axendade o 15 de xuño!
... Ver máisVer menos