Este domingo día 20 de Decembro de 2009, e durante a mañá (10:30 a 13:30 h), hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous meses, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello.

O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo actual e sobre todo nestas datas de consumismo desbocado convidan a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.

O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.

Trocar debería ser unha práctica habitual de tod@s nós, máis nunha sociedade onde o consumismo é un valor espallado amplamente, incrustado na mente das persoas, pola intensa publicidade e incitación a devorar, non a consumir.

+ info: http://trocaferrol..org/