Promete ser un outono quente de mobilizacións polo clima. Despois do verán máis quente, os incendios máis grandes, as grandes inundacións, secas, e migracións provocadas por condicións climáticas que cada vez fan máis difícil a vida. Acábansenos os adxectivos para definir o que cada vez serán piores condicións para a vida humana no planeta (e do resto dos seres vivos).
Non se pode negar a evidencia científica, mesmo os negacionistas e retardistas teñen serias dificultades para xustificar as súas crencias baseadas na acumulación de beneficios das grandes empresas transnacionais frente ás maiorías sociais.
Desde o Movemento Galego polo Clima e as entidades que forman parte del súmanse ás mobilizacións lanzadas por Fridays for Future/Xuventude polo Clima e Extinction Rebellion a nivel internacional á que se suma a recentemente creada Scientis Rebellion , na que os e as científicas contribúen a concienciar sobre a importancia do Cambio Climático e a necesidade urxente de actuar para reducir as emisións de CO2 á atmósfera.
Durante esta semana haberá varias mobilizacións e actividades na Coruña, Vigo e Compostela.
Mobilizacións:
- Compostela: a partir das 18,30h. no Palco da Alameda: obradoiro infantil, introdución ao cambio climático, lectura de manifesto e actuación musical
- Coruña: Concentración ás 12h. no campus de Elviña, e Marcha ás 20h. con saída da praza do Obelisco
- Vigo: Concentración ás 12h. na praza do Rei, e Marcha ás 20h. na Porta do Sol
Palestras: Da ciencia á desobediencia: resistencia civil frente á emerxencia climática, con Fernando González Alaguero.
- Compostela Xoves 22 de setembro: 17h. na Faculdade de bioloxía, e 19h. na Escola Técnica Superior de Enxenería
- Coruña: Venres 23 de setembro: 10,30h. escola de camiños, e 12.30h. Faculdade de Socioloxía