O cambio climático xa está aquí. Cada vez son máis as evidencias. Por exemplo, a temperatura media entre 1973 e 2004 aumentou 1,42 ºC en Galicia. “10 chiscos ao Clima” é unha acción de Ecologistas en Acción que ofrece uns consellos moi sinxelos para nos comprometermos como consumidoras e consumidores na urxente loita contra o cambio climático. Estamos a tempo de evitar un cambio climático catastrófico. A túa contribución é importante e necesaria.
1. Utiliza o transporte colectivo en lugar do coche.
2. Evita as perdas de calor illando portas e fiestras.
3. Utiliza electrodomésticos con etiquetaxe enerxética de clase A.
4. Aproveita a luz natural todo o que poidas.
5. Compra o que precises, produtos locais e con poucos envases.
6. Pasea ou usa a bicicleta nos traxectos curtos.
7. Regula os teus radiadores a unha temperatura non superior a 20ºC.
8. Apaga totalmente os televisores, computadores e aparellos de música cando non os uses.
9. Instala lámpadas de baixo consumo ou tubos fluorescentes.
10. Reduce o consumo de produtos envasados, reutiliza os envases ou, polo menos, recíclaos.
Descarga o cartel Con el cambio climático solo tendrás los negativos.pdf!