mourela_9.jpgA Fiscalía de Delitos Ambientais da Coruña vén de facer público o decreto de arquivo das denuncias presentadas por diferentes colectivos en relación ás contaminacións sufridas polo río Eume no pasado ano, e polo proceso de enchido da antiga mina das Pontes nunha dilixencia incomprensíbel, contradictoria e absolutamente falta dunha mínima sensibilidade ambiental, o mínimo exisíbel a unha fiscalía con competencias sobre o medio ambiente

Entre outras afimacións no documento salientamos as seguintes:

Si sumamos por tanto el problema de acidez del río a otra posible incidencia medioambiental, nos encontramos con que en el río que alimenta un paraje protegido como son las Fragas del Eume, puede llegar a darse una auténtica catastrofe ecológica, y el llenado del hueco de la mina de As Pontes, pudiera no solucionar, sino agravar los problemas medioambientales que trata de solventar, al regenerar creando un lago artificial de considerables dimensiones, cuyos aporten sean nocivos o no indicados.

A todo este panorama, nada alentador, pero tampoco en principio constitutivo indiciariamente de delito alguno, pues el origen de todo lo actuado es precisamente el estado de la corteza terrestre, socavada durante cientos de años por la actividad minera, (…)”.

 

As responsabilidades deste problema ambiental non se poden diluir nos “cientos de años” de actividade mineira na zona, xa que a mina en cuestión e o actual proxecto de enchido do oco é o resultado da explotación realizada por ENDESA, contando cos parabéns das diferentes administracións.

O escrito recolle a posibilidade dunha catástrofe ecolóxia, e aínda que esa previsible catástrofe ecolóxica xa está en marcha dende hai tempo, o que se recolle nas denuncias presentadas non son hipóteses, senón actuacións concretas, claramente neglixentes, e que están a provocar a contaminación e deterioro da contorna do río Eume. Por tanto, a resposta da Fiscalía de Delitos Ambientais é confusa ao responder conxuntamente ás diferentes denuncias presentadas por varios colectivos que, segundo entendemos, é necesario abordar polo miúdo e non de xeito global, xa que teñen a súa orixe en actuacións diferenciadas.

Así, no pasado mes de Febreiro de 2008 varios colectivos denuciamos ante a Fiscalía que se estaba a realizar o enchido pasivo do oco da mina das Pontes, contravindo a Declaración de Impacto Ambiental aprobada. Segundo a propio proxecto eleborado por ENDESA, e que foi respaldado pola Xunta de Galicia, o enchido do oco da mina levaríase a cabo mediante o enchido forzado co trasvase das aguas do Eume, e sinalando que o enchido pasivo coas augas da chuvia ou os regos menores suporía un grave prexuízo para o conxunto das zonas afectadas, e tamén para a calidade das aguas do río Eume. Entón, se o proxecto aprobado optaba por unha opción "rápida" de enchido para evitar os maiores prexuizos dun enchido lento, a denuncia que se presenta en Febreiro poñía de manifesto o incumplimento do mesmo, sendo facilmente contrastable in situ, cousa que, segundo o escrito, no se fixo ata o pasado mes de novembro. Non entendemos a demora na investigación por parte da Fiscalía de Delitos Ambientais e o feito de non ver indicios de delito nesta actuación claramente daniña. Aínda máis, no decreto de arquivo non se cita o tema central desta primeira denuncia que se presentou.

Unha segunda denuncia presentada por Verdegaia, a raíz das contaminacións que estaba a sufrir o Chamoselo no seu paso pola vila das Pontes, poñía de manifesto os lixiviados que, tal e como podía verse a simple vista, arrastraba o afluente do río Eume. Nese mesmo momento comezaron a aparecer os primeiros peixes mortos nos coutos de pesca e nos días posteriores a propia Consellería de Medio Ambiente abriu un expediente sancionador contra a unión temporal de empresas Cabreiros UTE (empresa que está a construir a autovía Ferrol-Vilalba), ao comprobar que as mortandades dos peixes se debían ao vertido non autorizado de augas e productos residuais (coa conseguinte acidificación das aguas públicas) debido ás obras citadas. A propia Xunta de Galicia pon de manifesto a neglixencia por parte da empresa responsable das obras que non estaba a poñer en marcha as medidas correctoras apropiadas, o que ocasionou a contaminación reiterada e visible de varios cursos de auga. Que a Fiscalía de Delitos Ambientais non faga responsables nin á empresa por non desenvolver as medidas correctoras, nin á Xunta de Galicia pola necesidade de ser  esixente na Declaración de Impacto Ambiental e obrigar a adoptar medidas correctoras, supón que se está a dar carta blanca a este tipo de accións irresponsables e con graves consecuencias para o medio. Se a neglixencia por sistema, tanto por parte dunha administración como por unha empresa que termina en danos ao medio non é constitutiva de delito e só, como di a Fiscalía, motivo de reproche, entón non se entende realmente cal é o traballo ou responsabilidade da Fiscalía de Delitos Ambientais.

Se trata pues de un problema medioambiental de primera magnitud, en el que tampoco parece tener cabida la consideración del delito ecológico, tanto por su origen, como por la acción de la administración en su solución, pues si algún reproche puede hacersele a esta es el no haber previsto en la declaración de impacto ambiental la posibilidad de que el efecto de acidificación del río por efecto de las escorrentías haya llegado a producirse, asi, si bien el estudio de impacto debió hacer una previsión en tal sentido, en la actualidad, solo queda realizar medidas de naturaleza correctora como las que se están llevando a cabo”.

A Fiscalía tamén entra a valorar que a acción da administración para poñer solución ao problema do que se fala foi a axeitada; novamente facemos saber que o denunciado non son as medidas paliativas excepcionais postas en marcha pola Xunta de Galicia, e claramente insuficientes dado que as contaminacións no río Chamoselo continúan a día de hoxe, o que foi denunciado foron actuacións concretas con responsables concretos.

Sin embargo la Fiscalía, especializada y con una clara sensibilidad medioambiental debe regirse por los parámetros de legalidad y prueba, lejos de valoraciones personales o subjetivas, sostenibles en el plano del compromiso social, pero relativamente importantes cuando de lo que se trata es de evaluar actuaciones generadoras de riesgos ambientales, o contravenciones a la norma reguladora del medio-ambiente”.

Se a Fiscalía afirma unha “clara sensiblidade medioamiental”, cousa que tamén pode afirmar de si mesma ENDESA ou a Xunta de Galicia (con diferentes gobernos causantes da situacióna actual) e recoñece non moverse por valoracións persoais ou subxectivas, os diferentes colectivos que denunciamos estas contaminacións e o risco do proxecto de enchido da mina das Pontes, temos un posicionamente baseado en feitos por desgracia consumados: mortandades de peixes, contaminación de metais pesados, desequilibrios de PH, inclumplimento de Declaracións de Impacto Ambiental, permisividade e tardanza nas actuacións administración.