A rede A Ría Non Se Vende, da cal forma parte Verdegaia, organiza en Vigo unhas xornadas sobre o modelo de transporte actual e a crise enerxética e financeira global. Comezaron 28 de Febreiro e continuarán 7, 13 e 14 de Marzo.

cartaz_xornadas_formativas.jpgAs xornadas, abertas a tódolos colectivos e xente interesada, versarán sobre a insustentabilidade do patrón de transporte dos nosos días, apoiado en infreaestructuras impactantes no medio natural. Un modelo de transporte que impacta negativamente tamén na sociedade, que causa mudanza climática, e que perpetua un crecemento destructor e consumista de enerxía e recursos naturais.

Asimesmo, debatirase en mesa redonda sobre a crise financeira global -que afecta especialmente ao sector da automoción (con perdas de empleo masivo)-, sobre as medidas de rescate da industria automovilística e as axudas para promover o consumo e, por suposto, falarase tamén de posibles alternativas que están xurdindo e que son desoídas.

Un debate no que se plantexará se cómpre seguir mantendo artificialmente un sistema produtivista e inxusto (baixo a xustificación do emprego) ou se por fin chegou a hora de replantexarse alternativas serias que den resposta aos problemas actuais.

Sabemos que o crecemento ilimitado nun planeta limitado é algo irrealizable, polo que non parece disparatado replantexarse o decrecemento de produción e consumo para recuperar o equilibro coa natureza e a xustiza social no Planeta.

Para ver o programa, abre o cartaz pinchando aquí…