A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte Verdegaia, segue a realizar accións de diversa índole, encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgación dos diversos valores deste prezado espazo natural. Entre as distintas actividades futuras que se realizarán salientan as Xornadas sobre aproveitamento multifuncional dos montes veciñais que se van celebrar os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro en Gondomar. Preténdese convocar á cidadanía para aprendermos un chisco máis sobre os diferentes aproveitamentos sostibles que se lle poden dar ós nosos montes.

Programa

Venres 28 ás 16:30 horas:

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios.

Visita guiada polos montes veciñais de Vincios (Gondomar).


Sábado 29 ás 18:00 horas:

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural de Vincios.

 

Poñencias:

– Experiencias produtivas innovadoras nos montes comunais.

Por Xavier Simón, profesor de Economía Ecolóxica na Universidade de Vigo.

– Abellas e biodiversidade.

Por Xesús Asorey, secretario da AGA, Asociación Galega de Apicultura.

– O man común. Outro xeito posible.

Por Santiago González, secretario da Comunidade de Montes de Mouriscados (Mondariz).

 

Mesa redonda:

– Por unha xestión sostible dos nosos montes.

Coa participación do público en xeral, técnicos e Comunidades de Montes Veciñais

 

Clausura:

A cargo do Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes,

Xosé Alfredo Pereira

 

Domingo 30 ás 10:30 horas:

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios.

Visita guiada polos montes veciñais de Couso (Gondomar).

 

Para máis información: http://serragalinheiro.wordpress.com/2011/10/12/xornadas-sobre-aproveitamento-multifuncional-dos-montes-vecinais/