Domingo 6 de outubro: Eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo), como parte das Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música.
Dentro das Xornadas por un Monte Vivo organizadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza a realizar o 5 e 6 de outubro en Rianxo contaremos coo actividades das Brigadas Deseucaliptizadoras o domingo 6 de outubro coa eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo). As Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música e realizarase durante o fin de semana do 5 e 6 de outubro en Rianxo. Para vos apuntardes debedes enviar tres días antes de cada xornada email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as Xornadas por un monte vivo na primeira fin de semana de outubro
O sábado 5 e domingo 6 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña e Leiro (Rianxo) cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa esta fin de semana repleta de actividades abertas á participación da cidadanía, que se celebrará o sábado 5 no Campo Maneiro de Taragoña e o domingo 6 de outubro nas inmediacións do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.
As entidades socias do proxecto desenvolverán múltiples actividades nesta primeira fin de semana de outubro: sesións formativas e de divulgación, un roteiro comentado para visitar os traballos silvícolas dos montes da Plataforma, pastoreo do seu rabaño de cabras, traballos comunitarios e charlas, entre outras.
Estas xornadas convócanse unha vez superados os primeiros oito meses do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), como mostra a pequena escala dos avances do proxecto neste período. Tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal, o Laboratorio recibiu case 2 millóns de euros de fondos europeos para intervir nos montes de Rianxo cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr incendios forestais.
Sábado 5 de outubro
Demostración, formación, divulgación, pastoreo e roteiro comunitario
A partir das 10.30 h no Campo Maneiro de Taragoña, Rianxo
Consulta a axenda detallada e o cartel da xornada
10.30 h – Almorzo e presentacións
11.00 h – Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso
12.15 h – Sesión formativa para o resinado de piñeiros
13.00 h – Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
14.00 h – Xantar comunitario
16.00 h – Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos
16.30 h – Roteiro comentado ata o Castro Barbudo
19.00 h – Magosto
Domingo 6 de outubro
Traballo comunitario, charlas-debate e festividade
A partir das 9.30 h nas inmediacións do Centro cultural Vicente Vidal de Leiro, Rianxo
Consulta a axenda detallada e o cartel da xornada
09.30 h – Traballos comunitarios (require inscrición)
09.30 h – Pintura mural e outras actividades dirixidas a nenas e nenos
12.30 h – Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro
13.30 h – Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
14.30 h – Xantar comunitaria (require inscrición)
16.10 h – Presentacións
16.30 h – Charlas-debate: Os potenciais da xestión comunitaria dos montes
18.00 h – Festividade