Verdegaia, a Esmorga e Semente están a organizar as Xornadas de Voluntariado Forestal en Ourense e como remate destas celebraremos a fin de semana do 9 e 10 de xuño no Albergue de Coles, cun prezo de 25 € (incluída a cea, a durmida, o xantar e o almorzo) as Primeiras Xornadas teórico-prácticas
O programa a desenvolver esta fin de semana será:
Sábado 9 de Xuño.
– 17:00 horas: quedamos diante da Casa do Concello de Coles, que está na aldea de Vilarchao.
– 17:15 h: chegada ao Albergue.
– 18:00 h: teremos unha mesa de traballo na que participará xente de Naturviva, organización que leva máis de catro anos desenvolvendo voluntariado forestal na comarca da Agolada, Axentes de Seprona, encargados da investigación de lumes, Axentes Forestais e Voluntarios forestais de Ourense.
-21:00 h: Cea
Domingo 10 de xuño.
-9:00 h: almorzo
9:30 h: roteiro
14:30 h: xantar
16:00 h: conclusións e despedida.
Sabemos que o voluntariado é unha forma de participación da sociedade e temos claro que nunca pode utilizarse para substituír o traballo profesional nin as obrigas da Administración. Nós entendemos o voluntariado forestal como axuda á prevención dos lumes, para a recuperación e valorización do medio que nos rodea… en fin, para darnos de conta de que non somos alleos ao País no que vivimos.