Verdegaia, A Esmorga e Semente, cremos que a estratexia de loita contra os lumes debe constar de catro eixos básicos: o estudo profundo das causas e a persecución intensa dos incendiarios; a aposta forte pola prevención; a mellora da extinción e unha nova política de montes sustentable. Para levala á práctica é imprescindible que haxa máis intervención dos poderes públicos (máis investimentos, máis montes de xestión pública,…), máis participación social e un amplo pacto que una a sociedade galega contra os lumes.
Dentro deste afán ou desexo de máis participación da sociedade na solución deste gran problema, apostamos por organizar estas Xornadas de Formación de Voluntariado Forestal en Ourense, tratamos de concienciar a poboación de que a solución está nas nosas mans, e para iso :
O 25 de maio ás 20:00 faremos unha plantación humana no campus universitario contra os lumes, para mostrar que “@s galeg@s plantámonos contra o lume”. Ás 20:30 h, teremos unha mesa redonda no Centro social A Esmorga, baixo o título, “Galicia e os Lumes”.
O 31 de maio faremos outra mesa redonda no Centro social A Esmorga na que buscaremos e veremos que “Outros Montes son Posíbeis”.
Para rematar estas xornadas, celebraremos a fin de semana do 9 e 10 de xuño no Albergue de Coles, cun prezo de 25 € (incluído xantar, cea, durmida e almorzo) As Xornadas teórico-practicas, nas que coñeceremos outras esperiencias, intercambiaremos ideas, e recibiremos formación teórica sobreo o medio e os incendios así como saídas ao monte.
Sabemos que o voluntariado é unha forma de participación da sociedade e temos claro que nunca pode utilizarse para substituír o traballo profesional nin as obrigas das administración. Nós entendemos o voluntariado forestal como axuda á prevención dos lumes, para a recuperación e valorización do medio que nos rodea… en fin, para darnos de conta de que non somos alleos ao País no que vivimos.
Coa axuda de todas e todos, faremos posíbel que Galiza deixe de ser xunto co norte de Portugal a zona da Unión Europea onde temos máis incendios por superficie forestal.